Paremia
Idioma: Gallego
Enunciado: Quen cala outorga
Traducción literal: Quien calla otorga
Marcador de uso: Muy usado
Fuentes: Fuente oral.
Variantes
Enunciado: O que cala outorga (Domínguez2011 p. 381(nº 2136).
Traducción literal: El que calla otorga.
Enunciado: Quen cala consente (Conde2001 nº 9; Ferro1987 nº 1788; Ferro1995 p. 13; Vázquez2003 nº 5692; Ventín2007 p. 104(nº 1131).
Traducción literal: Quien calla consiente.
Enunciado: O que cala consente (Vázquez2003 nº 10267).
Traducción literal: El que calla consiente.
Enunciado: O que cala consente, aínda que non para sempre (Vázquez2003 nº 10266).
Traducción literal: El que calla consiente, aunque no para siempre.
Contextos
Contexto: «Pero como ti nona comes nin farás nada coíla, nin dirás o que queres que se faga, en ves de que a comeran por alá catro lambóns que nona suaron, ímola a cocer con patacas e comela aquí nosoutros en teu honor. ¿Que che parece, meu santo? ¿non dis nada? Pois o que cala, otorga. ¡Hala, Ramona, ó avío!» (Manuel García Barros, Contiños da terra. Vigo: Edicións Xerais, 1930 = 1999, p. 237).
Contexto: «O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou "o silencio" do PPdeG sobre o concurso eólico, tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que avala o decreto do bipartito galego, e advertiu os populares de que quen cala, outorga» (http://www.europapress.es/galego/noticia-vazquez-bng-denuncia-silencio-do-ppdeg-concurso-eolico-advirtelle-quen-cala-outorga-20110330135710.html).
Contexto: «Antonte, 4 de xullo do 2006, o Parlamento Europeo recoñeceu que a Dictadura Franquista fora imposta polas armas e contraria ao estado de Dereito. Aprobouse unha proposta do grupo socialista de condea ao levantamento militar do 18 de Xullo comandado polo xeneral rebelde Francisco Franco. Votaron en contra da proposta os representantes do grupo Popular. ¿Será que quen cala outorga?
Paseaba eu por Bueu, pola súa fermosa campiña. Nun alto, está a igrexa de San Martiño. No adro tres cruceiros representando a Cristo entre os dous ladróns semellantes aos que en Bretaña acostuma a haber nas igrexiñas das aldeas. Os cruceiros forman un balcón para disfrutar da fermosa vista desde o alto [...] Na súa fachada principal pódese ler unha lista de nomes de homes, baixo unha cruz. No fin dise: Presentes. Estiven tentada a preguntarlle ao párroco onde estaban os nomes dos outros homes, os do outro bando ((http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/05/4919665.shtml).