Contextos
Contexto: «Eu quedei atontecido e por vengar a ofensa que lle fixeran ó meu querido paxaro, cando me falan, fágome o xordo, e por máis que algúns teñan duda da miña xordeira, o conto é que non oio, porque non hai peor xordo có que non quere ouvir, nin lle convén demostrar que ten ouvido ó que coma min, por mala fortúa, tivo que escoitar a infernal subiada que lle diron ó mellor dos paxaros da miña paxareira» (Valentín Lamas Carvajal, Gallegada e outros textos en prosa, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004, p. 306)
Contexto: « [...] vaia, vaia, e dempois inda din que son unha mala língoa... que se ando ou deixo de andar en caloteos... e hasta a condarguida da Currasa me canta con sorna aquelo de:
“Cacharreiriña do demo
por causa da túa língoa
tes unha silla no inferno”
ben se me da a min... cando un non quere dous non rifan... e por tras chámalle o Rei cornudo... e non hai pior xordo que o que non quere ouvir... que ás veces, a palabras necias ouvidos xordos... e o que se queima ten o rabo de palla... »
(Heraclio Pérez Placer, Obra narrativa en galego, Santiago: Centro Ramón Piñeiro, 1998 = 1901, p. 449)