Variantes
Enunciado: Non hai mal que por ben non veña: morreume a sogra e pariume a vermella (Conde2001 nº 370; Gippini1991 p. 85).
Traducción literal: No hay mal que por bien no venga: me murió la suegra y me parió la [vaca] rubia.
Enunciado: Non hai mal que non veña por ben, mais cata para quen (Conde2001 nº 881; Ferro1987 nº 6461; Soto2003 nº 2553; Taboada2000 p. 132; Vázquez2003 nº 6754).
Traducción literal: No hay mal que no venga por bien, pero cata para quien.
Enunciado: Non hai mal sen ben: cata para quen (Ferro1987 nº 6462; Soto2003 nº 2553; Vázquez2003 nº 6754).
Traducción literal: No hay mal sin bien: cata para quien.
Enunciado: Non hai mal en que non haxa ben (Pena2001 nº 808; Vázquez2003 nº 6754).
Traducción literal: No hay mal en que no haya bien.
Enunciado: Non hai malo que non veña por ben, pero cata para quen (Vázquez2003 nº 6754).
Traducción literal: No hay malo que no venga por bien, pero cata para quien.
Enunciado: Non hai mal que non veña sen ben, mais cata para quen (Conde2001 nº 881).
Traducción literal: No hay mal que no venga sin bien, pero cata para quien.
Sinónimos
Enunciado: Cando unha porta se pecha, un cento se abren (Conde2001 nº 485; Ferro1987 nº 9420; Vázquez2003 nº 20450).
Traducción literal: Cuando una puerta se cierra, un ciento se abren.
Enunciado: Se Deus non me quere, o demo me roga (Conde2001 nº 485; Ferro1987 nº 3681; Vázquez2003 nº 7707).
Traducción literal: Si Dios no me quiere, el diablo me ruega.
Contextos
Contexto: “Sempre preferín o non hai mal que por ben non veña ao mexan por nós e dicimos que chove. A fortalexa está no matiz. Certo é que, ás veces, a completa normalidade pode acabar por producir un relaxo nos argumentos, ou o que é o mesmo: cando algo está ben, deixamos de falar del. Pola mesma razón din que nas marxes se adoita vivir con máis sentido da resistencia, vocación e compromiso”
(http://www.xornal.com/opinions/2009/07/23/Opinion/mal-ben-ven/2009072322540453359.html)
Contexto: «TIO XAN.- A falar d`ela viña, casualmente. O conto da miña filla e do meu neto, si aquel demo de rapaz pode se-lo meu neto, qu`inda non o sei, pois non ten a nosa fala nin se parez ôs do noso sangue [...] resolveuse tal e como vostede me aconsellou, Don Ramonciño. Pepe mercará a casiña e a chouza onde vivimos e donarallos en dote á Loisa para que poida casar con Manoeliño.
PAULOS.- Como din alí, non hai mal que por ven non veña. (Aparte). E para máis Manoel non terá sogra... »
(Antón Vilar Ponte, Almas mortas. Novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias, Ferrol, Céltiga, 1922, p. 41).