Variantes
Enunciado: A muller e a galiña, pequeniña (Ferro1987 nº 7444; Moreiras1973 p. 38; Vázquez2003 nº 15020).
Traducción literal: La mujer y la gallina, pequeñita.
Enunciado: A muller e a sardiña, a máis pequeniña (Taboada2000 p. 53).
Traducción literal: La mujer y la sardina, la más pequeñita.
Enunciado: A muller e a sardiña escolle a máis pequeniña (Taboada2000 p. 53).
Traducción literal: La mujer y la sardina escoge la más pequeñita.
Sinónimos
Enunciado: A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina (González1993 p. 34).
Traducción literal: La mujer y la gallina, cuanto más pequeña más fina.
Enunciado: A muller e a sardiña, canto máis pequeniña máis bonitiña (González1993 p. 34).
Traducción literal: La mujer y la gallina, cuanto más pequeñita más bonita.
Contextos
Contexto: «Din que a muller i a sardiña por pequeniña. De todo un pouco: hainas grandeiras que son máis xeitosas que as pequeniñas. En tocantes as mulleres eu estou polo térmeno do medio; quéroas nin tan grandes que parezan artilleiros, nin tan pequeniñas que non se alcontren nas maus ó collelas»
(Valentín Lamas Carvajal, Gallegada e outros textos en prosa. Santiago de Compostela: A Xunta de Galicia, p.329)
Contexto: «Vé-la, decatarse da súa inxenuidade e fermosura, e cubizá-la, foi todo un: A muller e a sardiña, pequeniña -dixose. E como non hai cousa máis humilde qu'o amor cando pretende, feito un suíña rideiro e conqueridor, dirixeuse a ela en falas solermiñas, tatexou tremente ó declararlle o seu cariño, e os seus ollos torvos, vidrados, afeitos só ás traidoras olladas de esguello, miráro-na fite a fite, nun feble sorriso enchouchador e arelante»
(Victoriano Taibo, Da agra aberta. Contos e lendas, Vigo, Gráficas Numen, 1956, p. 74)
Contexto: «Co cheiro, a gata (que lle cortara o rabo Miña sogra por culpa do arangaño), logo se puxo a miañar por ver se lle daban un cibo. Entón o siñor abade, que ten moita sabeduría (e o viño piseino eu cos meus pés), escomezou a decir das del... A muller e a sardiña pequena e limpiña, que gordas e porcas logo se tornan... Eu ría sin refolgo. A miña muller remelaba os ollos coma dúas lúas cheas, e mostraba aqueles dentiños de rato ao ver a don Xulio embarballarse todo co molle do asado»
(Francisco Barxa Iglesias, Andadas de Xan Cativo, Vigo, Galaxia, 1972, p. 34)