Paremia
Idioma: Gallego
Enunciado: O home é un lobo para o home
Traducción literal: El hombre es un lobo para el hombre
Marcador de uso: De uso actual
Fuentes: Fuente oral
Contextos
Contexto: «Niste século do ordeador -era do homo técnicus- é curioso constatar a baixa calidade moral do home: o desenrolo ético non vai emparellado coa espeitacular alancada da civilización. O home, co seu pelexo material ben encoirado, sigue sendo un lobo pra o home. O esterminio do pobo vietnamita, as fames do mundo, poden non merecer aos podentes imperios, mais son estigmas que xa empezan a dar ao formigueiro mala concencia»
(Eduardo Moreiras, Follas de vagar. Xornal, Vigo, Galaxia, 1972, p. 23)
Contexto: «Homo homini lupus é unha locución latina que significa literalmente O home é un lobo para o home. A frase procede do verso 495 da comedia Asinaria, obra do escritor latino Plauto. En realidade é o hemistiquio dun verso: "Lupus est homo homini, non homo, quom qualis sit non novit" (O home é un lobo para o home e non un home, cando non coñece quen é o outro).
No contexto orixinal fala da natural desconfianza dos homes ante un descoñecido. Fóra del a frase porta un claro sentido negativo en relación á natureza da condición humana. Séneca, como contrapunto á frase de Plauto, deixou escrita esta outra: "Homo, sacra res homini" (O home é algo sagrado para o home).
Co tempo, a expresión foi utilizada por moitos home ilustrados como Erasmo de Roterdam, Rabelais, Montaigne (Ensaios 3, 15), Bacon, Hobbes (Leviatán), Schopenhauer, Freud ou Pío Baroja (El árbol de la ciencia, II, 9) entre outros» (http://gl.wikipedia.org/wiki/Homo_homini_lupus).