Variantes
Enunciado: De boa casa, boa larada (Vázquez2003 n.º 5394)
Traducción literal: De buena casa, buena hoguera
Antónimos
Enunciado: De ruín niño sae ás veces un bo paxariño (Ferro1987 n.º 5558; Vázquez2003 n.º 15893)
Traducción literal: De ruin nido sale a veces un buen pajarillo
Enunciado: De pai santo, fillo diaño (Conde2001 n.º 326; Ferro1987 n.º 4665; Moreiras1977 p. 55; Vázquez2003 n.º 17347)
Traducción literal: De padre santo, hijo diablo
Contextos
Contexto: «Pois logo está ben recordar o xa dito e telo en conta como mérito incontestábel da Editorial Compostela e dos responsabeis directos de que quen queira ler un xornal todo el escrito en galego non atope xa disculpas trapalleiras: abonda con se subscribir a O Correo Galego e despois abrir a porta da casa cada alborada para atopalo aí, a domicilio, aínda quentiño das rotativas e coas mesmas noticias de actualidade que se poden ler en calquera outro xornal.
Xa o irmán maior, El Correo Gallego, fora no seu momento o primeiro xornal diario da historia da prensa galega, pois comezou o día 1º de agosto de 1878, adiantándose nisto nun ano a Faro de Vigo, que, tendo comezado a súa andaina como bisemanario en 1853, non foi diario ata xullo de 1879. O cal quere dicir que de caste lle vén ao galgo e que de boa casa boa brasa, e que tal o corvo, tal o ovo» (Anxo Tarrío, A baloira. Vigo: Xerais, 2004, p. 6).