Contextos
Contexto: «Do amor poucos son os que teñen o mesmo xuício; como os tratantes falan da feria, asegún lles vai nela, os que falan do amor, esprícanse asegún foron por el coitados ou venturosos» (Valentín Lamas Carvajal, Gallegada e outros textos en prosa, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004, p. 339).
Contexto: «[…] Os galegos somos xente, práctica. Capaces de inventa-lo futbolín, cando vemos que de cotío se xoga sobre mollado, non temos problemas en poñerlle valados ó campo cando a cousa vemos que se nos escapa das mans. […] somos xente paciente, e sabemos que se Catalunya tocou onte, pronto nos tocará a nós debater sobre o "Estatuto Galego". [...] En consecuencia, en Galicia imos conseguir aplica-lo "sentidiño" do que falaba aquel […]. Igual que sabemos que, nesto da política, como dicía o Xestal, alma-mater do humor galego: "cada un fala da feira segundo lle foi nela"... hoxe máis ca nunca» (http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20060619091517).
Contexto: «Encol das feiras refrexan enfrontamentos cos da montaña, que ós vilegos alcúma-nos de “señoritos de caldo á merenda”. Eu fun a feira do dez, feira de perder o tempo, que se pasean por ela catro cabezas de vento Montañeses da montaña ¿Qué traedes a vender? ovos de galiña choca para vos dar de comer. A volta da feira enxendraba refrás e coplas. Cada un fala da feira, según lle vai nela, Non hai feira mala, o que un perde outro gana, Para ruín feira, corda baleira, Nunca vaia á feira, quen máis perda. Non se poden esquecer as feiras de Monforte, Rubián, [...]»
(Xosé Estévez, A lagoa da memoria, Pasaia, Fato Cultural Galego Daniel Castelao, 2002, p. 75).