Variantes
Enunciado: Home que madruga, Deus o axuda (Domínguez2011 p. 400(nº 2949/2953); Ferro1987 nº 6397; Vázquez2003 nº 7456).
Traducción literal: Hombre que madruga, Dios lo ayuda.
Enunciado: Ao que madruga, Deus o axuda (Conde2001 nº 472; Domínguez2011 p. 384(nº 2280); Ferro1987 nº 6405; García2003 nº 2487).
Traducción literal: Al que madruga, Dios lo ayuda.
Enunciado: Deus axuda a quen madruga (Zamora1972 p. 80).
Traducción literal: Dios ayuda a quien madruga.
Enunciado: Deus axuda, e non pouco, a quen cedo se ergue (Zamora1972 p. 80).
Traducción literal: Dios ayuda, y no poco, a quien temprano se levanta.
Enunciado: Ao que madruga, Deus o axuda (Domínguez2011 p. 386(nº 2398).
Traducción literal: Al que madruga, Dios lo ayuda.
Enunciado: A quen cedo se ergue, Deus lle dá axuda (Vázquez2003 nº 7724).
Traducción literal: A quien temprano se levanta, Dios le da ayuda.
Antónimos
Enunciado: Vale máis a quen Deus axuda que a quen moito madruga (Conde2001 nº 390; Domínguez2011 p. 401(nº 2980); Ferro1987 nº 3696; Gippini1991 p. 79; Zamora1972 p. 245).
Traducción literal: Vale más a quien Dios ayuda que a quien mucho madruga.
Enunciado: Non por moito madrugar amañece máis axiña (Conde2001 nº 480; Ferro1987 nº 6402; Pena2001 nº 803; Vázquez2003 nº 7429).
Traducción literal: No por mucho madrugar amanece más rápido.
Contextos
Contexto: «Hoxe faría todo o percorrido pola costa, polo menos ata Ribeira. Tiña que cronometrar ben e deterse o tempo xusto en cada tenda. En Carballo parou na corstería Lucy. A dona do comercio remexía nunhas prendas e tardou em responder aos bos días. Paciencia, pensou el, a vella acaba de abrir os ollos, e ademáis, tem malas pulgas.
- Véxoa moi ben, señora.
- Non veña con pamplinas a estas horas.
- Deus axuda a quen madruga.
- ¿Deus? Isto é un desastre. Unha calamidade.
- Pasou febreiro. ¡Xa verá agora!
- Non necesito nada. Nada de nada – dixo cun xesto rotundo das mans, como se quixera botalo»
(Manuel Rivas ¿Que me queres amor?, Só por aí. Vigo: Galaxia, 1995, p. 67)
Contexto: «TIO XAN.- Sí home sí; xa sabes o que dí o refrán: ô que madruga... E si ha mirar por outros o meu Pepe, millor é que mire por ti... Vel-o ehí ven, casoalmentes, ho.
(Antón Vilar Ponte, Almas mortas. Novela dialogada cómico tráxica, en tres estancias, Ferrol, Céltiga, 1922, p. 18).