Paremia
Idioma: Gallego
Enunciado: Renovarse ou morrer
Traducción literal: Renovarse o morir
Marcador de uso: De uso actual
Fuentes: Fuente oral
Contextos
Contexto: «O Casino: renovarse ou morrer.
O Casino de Viveiro necesita reinventarse a si mesmo para sobrevivir. Esta sociedade histórica da cidade do Landro está a buscar como saír dun perigoso bucle que a levou ao bordo da supervivencia. O seu actual presidente, Alberto García, en funcións ata a asemblea do 21 de agosto, cre que a sociedade ten futuro. Só é necesaria “unha directiva con ganas, que traballe unida e con novas miras”. Iso si, García xa avisa de que “non nos vendemos”, aínda que “o fácil é a polémica barata e usar ao Casino para os enfrontamentos políticos, pero aquí non se vende nin se regala nada”» (http://elprogreso.galiciae.com/nova/185704.html?lang=gl).
Contexto: «Renovarse ou morrer.
Buscar novas vías de coordinación e contactar con outros públicos a través da rede son os retos de futuro das asociacións locais.
Os Centros de Estudos Locais terán que buscar novas liñas de coordinación e aproveitar as posibilidades da dixitalización para actuar como difusores culturais. É a principal conclusión do I Foro de Cultura Local que onte rematou no Consello da Cultura Galega en Compostela. O propio presidente do CCG, Ramón Villares corroborou o obxectivo do Consello da Cultura de impulsar estas liñas de relación cos axentes da cultura no ámbito local» (http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idEdicion=1083&idNoticia=370512).