Paremia
Idioma: Gallego
Enunciado: A realidade supera a ficción
Traducción literal: La realidad supera la ficción
Marcador de uso: De uso actual
Fuentes: Fuente oral
Contextos
Contexto: «Díaz reprobou que o Parlamento obrigase a AGE a "reformular" a súa pregunta na que inicialmente formulaba qué políticas de "rexeneración democrática" pode impulsar un Goberno "refén de prácticas electorais" similares ás "retratadas" por Francis Ford Coppola "na súa afamada triloxía" e reafirmouse en ligar o PP co 'Padriño'.
Advertida por Miguel Santalices como presidente en funcións por insistir nesta cuestión, subliñou que a realidade supera a ficción e identificou a "corrupción" como "forma de goberno" dos populares, antes de indicar a Feijóo que se non actúa con Iravedra se ratificará que a súa lei é a "omertá (lei do silencio), da mafia siciliana"» (http://www.europapress.es/galego/noticia-feijoo-rexeita-condenar-iravedra-antes-declare-actuara-hai-delito-electoral-20141029172730.html).
Contexto: «Mentres corta os bistés na súa tenda de Louro, Chindo comenta o último episodio de ˈMatalobosˈ, a serie que pasan na Galega. Unha veciña que está diante miña entra a comentalo e tamén eu meto a culler no asunto. Discutimos se é verosímil ou non algún momento da serie, a veciña ve que é moita esaxeración iso de que Diego lle poña a pistola na cabeza a Vanessa para obrigala a matar a un rapaz cunha moca e que, aínda por riba cando xa o rapaz está deitado inconsciente ou morto ela siga a bater nel como se fose mallar no trigo. Eu doulle a razón, aí fóiselle a man. Chindo matiza mentres pesa a carne, "sempre se dixo que a realidade supera a ficción". A veciña matiza: "Nalgunhas cousas pásanse". No que si estamos de acordo os tres é en que seguimos a serie, coñecemos as personaxes, discutimos as súas accións, mesmo reflexionamos sobre se esa ficción reflicte ou non cousas que acontecen no noso país» (http://elpais.com/diario/2009/06/19/galicia/1245406704_850215.html).