Paremia
Idioma: Gallego
Enunciado: A engurra é bela
Traducción literal: La arruga es bella
Marcador de uso: De uso actual
Fuentes: Fuente oral.
Contextos
Contexto: «O modisto español Adolfo Domínguez está convencido de que, no contexto actual de crise económica, "o que resiste gana" e "se saímos ao exterior, e estámolo a facer, remontaremos".
[…] Domínguez explicou nunha entrevista concedida a EFE que "de cada 100 euros" que vende o seu Grupo, "40 vendémolos fóra, e dentro de 12 ou 18 meses, serán 50", remarcou, e fixo fincapé na importancia da expansión internacional.
Inventor dun dos eslóganes máis famosos da moda española, a engurra é bela, Domínguez desvelou a EFE como se lle ocorreu: "Eu crecín no liño, a miña avoa cultivábao, fiaba e tecía. Ao meterme na costura sucedeu que a xente xa esquecera as súas características, e devolvíanme as camisas dicindo 'oia que isto engurra”.
"Non tiven máis remedio que sacar a frase. A natureza ten estrías", apostilou» (http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/187473.html?lang=gl).
Contexto: «- ¿Cóidase moito no día a día?
- Só vou a andar e algún día ao ximnasio no fogar da terceira idade, aquí en Ourense.
- ¿Algún truco de beleza?
- Ningún. Como de todo –iso si, non me gusta engordar– e son moi sinxela. Uso Nivea porque non hai outra crema máis barata.
- ¿A engurra é bela?
- Teño un neto que sempre me di: “Avoa, ti non es vella, só tes raias na cara”. Que tampouco teño moitas... Teño moita saúde e iso é o importante» (http://elprogreso.galiciae.com/nova/119784.html?imprimir).