Centro Virtual Cervantes
Arte

Refranero multilingüe > Buscador > Ficha Paremia
Refranero multilingüe

O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento

Paremia

Idioma: Gallego

Enunciado: O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento

Traducción literal: El desconocimiento de la ley no exime de su cumplimiento

Marcador de uso: De uso actual

Fuentes: Fuente oral.

Variantes

Enunciado: O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento; o seu coñecemento, si (Fuente oral).

Traducción literal: El desconocimiento de la ley no exime de su cumplimiento; su conocimiento, sí.


Contextos

Contexto: «Cobra uns 1.300 euros unindo as dúas pensións, e vive ben. Aforra se pode algo cada mes 'porque nunca se sabe filla'. Meu pai fixo sempre a declaración da renda en Facenda, onde un funcionario público lle requería a documentación necesaria, e nunca, nunca se lle dixo que tiña que declarar as rendas do extranxeiro. Eu sei que o descoñecemento da lei non te exime de cumplila, pero tamén sei cal é o deber de información da Administración pública. O luns 4, un grupo de plataformas constituidas por emigrantes retornados foron recibidas polos diferentes grupos parlamentarios, e cando se lle preguntou sobre a responsabilidade da administración na mala información outorgada, unha parlamentaria dixo: 'Non tedes razón legal'. E digo eu, non vai sendo hora de darlle a razón moral?
Meu pai non é un defraudador, se o penso nin coñece ben o significado da palabra defraudar; meu pai sabe de traballar, e de ir cumprindo as normas, e tamén sabe de calar. Pero eu non, que para eso calou el,

Contexto: «Que o Partido Popular non estivera de acordo con este texto legal, non o exime do seu cumprimento. A non ser que teñan absolutamente interiorizado o moi irónico aforismo de Lec: O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento; o seu coñecemento, si. Con todo, unha cousa é afiar o peteiro e outra andar tocando a choca. A lei obriga a todas as administracións públicas, que deberían ir por diante e ser exemplares no seu cumprimento. Entre outras obrigas, é esencial a que figura no Artigo 11: "As administracións públicas, no marco das súas competencias, facilitarán aos descendentes directos das vítimas que así o soliciten as actividades de indagación, localización e identificación das persoas desaparecidas violentamente durante a Guerra Civil ou a represión política posterior e de quen se ignore o paradoiro. O previsto no parágrafo anterior poderá aplicarse a respecto das entidades que, constituídas antes de 1 de xuño de 2004, inclúan o desenrolo destas actividades entre os se

Contexto: «Para ter un retrato comportamento autoritario, e as súas arroutadas, unha das lecturas de máis proveito é a obra de aforismos do poeta disidente polaco Stanislaw Jerzy Lec titulada ‘Pensamentos despeiteados’. Un destes aforismos refírese a certos paradoxos no eido xudicial: O descoñecemento da Lei non exime do seu cumprimento; o coñecemento, si.
A verdade é que non sei porque me lembrei agora do noso retranqueiro polaco. O conto é que hoxe, 10 de febreiro de 2012 (case século e medio despois da absolución de Curros Enríquez, no caso ‘Aires da miña terra’) vai ter lugar un xuízo nos tribunais da Coruña contra Carlos Callón, presidente da Mesa para a Normalización Lingüística. O motivo deste sentar no banco dos acusados a este investigador e ensaísta é unha denuncia presentada polo maxistrado Antonio Fraga Mandián» (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/26/galicia/1327604103_050027.html).

Centro Virtual Cervantes © Instituto Cervantes, 1997-2026. Reservados todos los derechos. cvc@cervantes.es