Variantes
Enunciado: Antes que acabes non te gabes (Moreiras1977 p. 59).
Traducción literal: Antes de que acabes no te alabes.
Enunciado: Ninguén se gabe ata que acabe (Vázquez2003 nº 4823).
Traducción literal: Nadie se alaba hasta que acabe.
Sinónimos
Enunciado: Mentres que está o capador enriba dela, non digas que a porca (cocha) é túa (Conde2001 nº 885; Ferro1987 nº 3569; Lorenzo1983 p. 41(nº 516); Moreiras1977 p. 27; Zamora1972 p. 135).
Traducción literal: Mientras que está el capador encima de ella, no digas que la cerda es tuya.
Enunciado: Non digas "pillei o gato" mentres non o teñas no saco (Conde2001 nº 885; Ferro1987 nº 8754; Vázquez2003 nº 18970).
Traducción literal: No digas “pillé el gato” mientras no lo tengas en el saco.
Enunciado: Fillo aínda non o temos e xa nome lle poñemos (Conde2001 nº 885; Ferro1987 nº 8750; Soto2003 nº 1903; Zamora1972 p. 111).
Traducción literal: Hijo aún no tenemos y ya nombre le ponemos.
Contextos
Contexto: «- ¿E logo? ¿ti que pensabas?..., hasta que acabes non te gabes, que sempre socede irse o comido polo servido, e mentras o pau vai e ven descansa o lombo, e naide vai ó río que non se molle, devólveme os catro pesos e quedamos en paz e pra outra grar as retrancas pros castellanos que xa sabes que non hai pior cuña que a do mismo pau.
E en tanto a Roñosa saliu bufando, quedou frotando as maus o avogado e decindo: -Vaia, polo visto pensou que por ser avogado deixei de ser gallego... ¡ora o demo!» (Heraclio Pérez Placer, Obra narrativa en galego, Santiago: Centro Ramón Piñeiro, 1998 = 1901, p. 452)