 |
|
Conferencia «A historia da cultura galega»
Centro Galego de Lisboa-Xuventude de Galicia, en 1970
[Fragmento. Archivo sonoro y transcripción del texto del Archivo Sonoro de Galicia] Cando as lexións románs chegaron a Fisterre
conta Valeiro Flavio que os soldados ó ver o sol asolagarse no océano,
escoitaron algo así como o runxido que fai un ferro o roxo vivo que se mete na na fragua
do ferreiro e asoenllaronse e di... que estaban presos dun relixioso terror: habían
chegado o fin do mundo e habían visto a morte do sol... Pero polo sur, antes de chegar ó
Fisterre, cando as lexións romás chegaron ó río Lima, creron que era un río famoso na
mitoloxía greco-latina, creron que era o Letheo, o río do olvido. Os que pasaban aquel
río ó chegar a outra ribeira, esquencíanse a lengua que falaban, esquencíanse os nomes
propios, os nomes das súas familias e os rostros, xa non sabían de onde eran,
apátridas, vagabundos, sen noites nin días polo mundo. E non quixeron cruzar o Lima e
tuvo que ser o propio xefe das lexiós, Décimo Xuño Bruto, quen pasou a cabalo e dende a
outra ribeira empezou a chamar os lexionarios polo seu nome, a dicirlles as batallas en
que habían estado xuntos, as xentes que o coñeceran e hasta os nomes das familias e os
nomes das terras de onde proviñan. E entón, convencidos de que aquel non era o Letheo,
de que aquelas augas mansas que van verdes entre [...] e xunqueiras creron de verdade que
non era o río do esquezo e pasárono e emprenderon a conquista de Galicia, a
romanización de Galicia. De modo que Galicia é nin máis nin menos unha terra que ten a
cabeza onde remata o mundo coñecido e ten os pés no Río do Esquezo. Realmente non pode
haber país máis estrano, non pode haber país que estea máis lonxe, e que de máis
lonxe veña a entrar dun xeito ou outro na grande historia humán.
|
|

 |