
 |
|
En 1977 el Instituto de Estudios e Desenrolo de Galicia y la Caixa de Aforros Municipal de
Vigo convocaron a varios intelectuales gallegos para que imaginasen cómo sería, o cómo
les gustaría que fuese, Galicia veinticinco años después. Recogemos un fragmento de la
propuesta de don Álvaro:Galicia 2002
Pra Galicia no ano 2002 hai que pensar primeiro nunha nova
distribución da poboación. Esta nova distribución no territorio galego ha de se
entender acompañada da concepción de Galicia como unha cidade, e dentro desta cidade a
preocupación de que as cidades galegas actuais non medren desproporcionadamente en
relación co conxunto. A posibilidade que teñen os medios de convivencia, poder dar a
Galicia redes e vias coas que se facilite esta nova distribución. Villalba pode ser un
satélite residencial de Lugo, coma Ponteareas de Vigo.
Hai poucos días vía eu que Xenebra e Lausana eran duas cidades que se miraban de
lonxe; agora poden ser complementarias e formar cada unha un barrio máis o menos
especializado nunha constelación rexional. Eu aspiraría a unha concepción máis libre e
ampla cá de «rank state Holland», cidade anular de Holanda, estrutura concéntrica que
poida resolve-lo problema das macrópolis que por sorte nós non temos. Penso que o
progreso aplicado a Galicia ha lograr que a cidade e o campo cheguen a ser de novo
solidarios. Para min esta nova distribución da poboación de Galicia, creadora de
pequenos centros urbanos e novas pequenas cidades, sustituidoras das aldeas e das
parroquias de hoxe, é unha esixencia. Estas «viliñas» poden facer volta-lo labrego ó
campo, xa como labrego, xa coma que busca unha esixencia fora do tráfico urbano das
cidades grandes. Unha imaxe ideal da Galicia do ano 2002 faime vela co seu gran souto
antigo, restaurado nas fronteiras orientais, gandeira nos vales centrais e ademais
hortícola e frutícola na banda oriental, que é onde hai que pensar na integración das
industrias galegas. A facilidade de comunicación fai que só sexa nimia a diferencia
entre nómadas e sedentarios no noso tempo. Esta concepción de Galicia como unha cidade
ten de descansar nunha rede estreita escudada en función desta imaxe. O poder galego, que
ten que habelo, é descentralizado, enriquecedor das expresións políticas do home
galego, pois non teñen por qué te-lo mesmo goberno, ó meu entender, A Coruña e
Santiago; eu chego a pensar que alguén tería que inventar nas cidades galegas e nas
comarcas galegas uns costumes, unhas festas, unhas creencias propias ó tipo humán de
cada día e de cada comarca. Deste conxunto poderían sair formas diferentes de goberno
nas diferentes comunidades.
Galicia 2002, Santiago: Instituto de
Estudios e Desenrolo
de Galicia e a Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1978.
|
|

 |